Plantel 2014/2015

Posted on noviembre 5, 2014. Filed under: plantel 2014/2015 |

PORTEIROS

sergiopeq14ok.jpg

Sergio Álvarez Conde, nado en Catoira o 3 de agosto de 1986, é un futbolista galego. Xoga na demarcación deporteiro e o seu club actual é o Celta de Vigo.

Traxectoria

Comezou a xogar ao fútbol no Arousa Sociedade Cultural pasando no ano 1999, á idade de 17 anos, a formar parte do Celta de Vigo B, filial do equipo celeste. Tras pasar cedido unha tempada no Racing de Ferrol asentase como porteiro suplente do primeiro equipo, debutando en Segunda División o 4 de xuño de 2011 ante o FC Cartagena. Trala venda de Ismael Falcón ao Hércules CF ao final da tempada 2010-2011 converteuse no porteiro titular do Celta de Vigo.

Debutou na Primeira División no Estadio de Balaídos o 5 de outubro de 2012 na vitoria do Celta ante o Sevilla FC por 2-0.

rubenpeq14.jpg

Rubén Blanco Veiga, nado en Mos o 25 de xullo de 1995, é un futbolista galego que xoga na demarcación de porteiro.

Traxectoria

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo. O 25 de xullo de 2012 debutou co primeiro equipo no Trofeo Cidade de Vigo, alternando a calidade de terceiro porteiro do plantel en Primeira División co filial, o Celta de Vigo B.

En setembro de 2011 foi convocado coa Selección de fútbol sub-17 de España para disputar a fase de clasificación do Campionato Europeo da categoría.

O seu debut na Primeira división foi fronte o Valladolid na penúltima xornada da tempada 2012-13, salvando o Celta con dúas grandes paradas. Tamén xogou a seguinte semana axudando o Celta de Vigo a salvarse na última xornada.

DEFENSAS

hugopeq14.jpg

Hugo Mallo Novegil, nado en Marín o 22 de xuño de 1991, máis coñecido como Hugo Mallo é un futbolista galego. Xoga de lateral dereito e o seu actual equipo é o Celta de Vigo da Primeira División de España.

Xogador con gran proxección, está chamado a continuar unha longa lista de laterais dereitos saídos da canteira do Celta, coma Otero ou Míchel Salgado.

Traxectoria

Comezou a xogar no equipo local Salgueiriños FC e tras un ano no Pontevedra CF ficha polas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 2009/10 fai a pretempada co primeiro equipo ás ordes de Eusebio Sacristán, debutando xa no primeiro encontro da tempada ante o CD Numancia. Ese ano alternaría o filial co primeiro equipo.

O ano seguinte, xa con Paco Herrera como adestrador acada a titularidade no lateral do primeiro equipo, estatús que mentivo tamén tralo ascenso a Primeira División, porén unha grave lesión impediu que rematase a tempada do seu debút na máxima categoría.

DEFENSAS

fontaspeq14.jpg

Andreu Fontàs Prat, nado en Banyoles (Xirona) o 14 de novembro de 1989, é un futbolista español. Xoga de defensa central e o seu actual equipo é o Celta de Vigo.

Traxectoria

Fontàs formouse no Club Deportiu Banyoles da súa cidade natal. Tras once anos no club, a tempada 2006-07 foi cedido aoGirona FC, inicialmente para xogar no xuvenil, aínda que a súa rápida progresión levoulle a debutar co primeiro equipo, enTerceira División no tramo final desa tempada.

Tras recibir ofertas de múltiples equipos de Primeira División como o Atlético de Madrid e o RCD Espanyol, finalmente o verán de 2007 fichou polo FC Barcelona, para xogar no Xuvenil A de o club azulgrana. Foi o capitán do equipo, que esa tempada proclamouse subcampión da Copa do Rei da súa categoría.

Durante a tempada 2008-09 dió o saltou ao FC Barcelona B, en Segunda División B. Acabou converténdose nun dos titulares indiscutibles do equipo de Luis Enrique, disputando un total de 19 partidos. Esa mesma tempada tivo a ocasión de debutar co primeiro equipo; foi o 8 de setembro de 2008, con motivo das semifinais da Copa Cataluña ante a UE Sant Andreu. Foi tamén convocado por Pep Guardiola para o encontro da 36ª xornada de Primeira División, ante o Real Mallorca, aínda que finalmente quedou no banco.

O verán de 2009 realizou a pretemporada co primeiro equipo azulgrana, xogando varios partidos amigables. Foi tamén convocado para disputar a Supercopa de España ante o Athletic Club, aínda que quedou no banco, e a Supercopa de Europaante o FC Shakhtar, aínda que neste partido foi finalmente descartado.[1]

O seu debut en Primeira División chegou o 31 de agosto de 2009, ante o Sporting de Xixón no Camp Nou. Fontàs saltou ao terreo de xogo no minuto 84, substituíndo a Gerard Piqué.

O 20 de novembro do ano 2010 debutou os 91 minutos de partido contra o Almería substituíndo a Gerard Piquei e sendo partícipe da goleada mítica (0-8) do equipo azulgrana. O 7 de decembro do ano 2010 marca o seu primeiro gol (1-0) en Champions League ante o Rubin Kazan. O 17 de marzo de 2011 o Futbol Club Barcelona anunciou a súa incorporación ao persoal do primeiro equipo debido á baixa de Éric Abidal por mor dun tumor hepático.[2] O 4 de xullo confírmase a renovación do seu contrato ata 2012 e que formará parte definitivamente do primeiro persoal blaugrana na tempada 2011-12.

O 17 de outubro de 2011, Fontàs renova ata 2015 co Barcelona.[3]

O 12 de xaneiro de 2012, Fontàs sofre unha lesión do ligamento cruzado do xeonllo dereito, ao minuto 13 de xogo contra oClub Atlético Osasuna en xogo de Copa do Rei, deixándoo fóra do que resta da tempada. Foi intervido cirurxicamente o sábado 21 de xaneiro do 2012 e será baixa por 6 meses.[4]

O 15 de outubro de 2012, o FC Barcelona confirma a cesión de Fontàs ao RCD Mallorca polo que resta de tempada.[5]

No verán de 2013 confirmase a fichase do xogador catalán polo Celta de Vigo, adestrado polo adestrador que o dirixira noFC Barcelona B, Luis Enrique, por un prezo en torno ao millón de euros en función do numero de encontros disputados.

Selección nacional

Foi internacional en varias ocasións coa selección sub-19 de España, coa que se proclamou campión da XXXIVa Copa do Atlántico.

Coa selección sub-20 obtivo a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos, disputados en Pescara en 2009.

costaspeq14.jpg

David Costas Cordal, nado o 26 de marzo de 1995 en Chapela (Redondela) é un futbolista galego que xoga na demarcación de defensa.

Traxectoria

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo debutando co primeiro equipo ao pouco de subir ao filial dende o equipo xuvenil, o 25 de agosto de 2013 ante o Real Betis Balompié.

jonnypeq14.jpg

Jonathan Castro Otto, nado en Vigo o 3 de marzo de 1994, é un futbolista galego que xoga na demarcación de defensa, máis coñecido como Jonny.

Traxectoria

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, debutando co primeiro equipo en Primeira División ante o Osasuna o 1 de setembro de 2012 en Balaídos.

Tamén destaca nas categorías inferiores da Selección de fútbol de España, sendo un habitual da categoría sub-16 tamén foi convocado coa sub-19, ás ordes de Julen Lopetegui.

sergipeq14.jpg

Sergi Gómez Solà, nado o 28 de marzo de 1992 en Arenys de Mar é un futbolista catalán que xoga na demarcación de defensa.

Traxectoria

Procedente do FPE Mataró ingresou nas categorías inferiores do FC Barcelona no ano 2006. Despois de pasar por tódalas categorías do fútbol base debutou co FC Barcelona B aínda en idade xuvenil para suplir a Andreu Fontàs, sendo unha peza importante no ascenso a Segunda División en 2010.

O verán seguinte foi convocado para facer a pretempada co primeiro equipo, adestrador por Pep Guardiola, debutando nun amigábel ante o Vålerenga IF. Ese mesmo verán xogou o seu primeiro partido oficial co Barcelona, na ida da Supercopa de España ante o Sevilla FC.

Aínda en idade xuvenil afianzase no filial xogando encontros amigábeis co primeiro equipo. En xuño de 2014 fichou poloCelta de Vigo despois da gran tempada do FC Barcelona B, na que quedou terceiro na categoría de prata.

planaspeq2114.jpg

Carles Planas Antolínez, nado o 4 de marzo de 1991 en Sant Celoni (Barcelona) é un futbolista catalán que xoga na demarcación de lateral esquerdo.

Traxectoria

Comeza a xogar no PB Sant Celoni e ficha polas categorías inferiores do FC Barcelona aínda estando na categoría alevín. Pasou por tódalas categorías do club catalán ata facerse un habitual no FC Barcelona B, nunha das épocas de maior esplendor deste na Segunda División. En novembro de 2012 debutou co primeiro equipo nun encontro da Copa do Reiante o Deportivo Alavés, disputando tamén un encontro da Liga de Campións ante o SL Benfica.

En xullo de 2014 fichou polo Celta de Vigo despois de rematar contrato co FC Barcelona.

Foi un habitual nas categorías inferiores da Selección de fútbol de España, participando nas eurocopas de 2009 e 2010 ca Sub-19, e as de 2011 e 2013 ca Sub-21, tamén participou no Mundial de 2011 ca Sub-20.

cabralpeq14.jpg

Gustavo Daniel Cabral, nado en Isidro Casanova, La Matanza, o 14 de outubro de 1985, é un futbolista arxentino. Xoga na demarcación de defensa central. Actualmente xoga no Celta de Vigo.

Traxectoria

Debutou co Racing Club o 12 de decembro de 2003, e ao cabo de pouco tempo afianzouse no primeiro equipo, chegando a xogar máis de 100 encontros.

En xaneiro de 2008 ficha por River Plate, onde se proclamou campión do Torneo Clausura ese mesmo ano e co que disputou encontros da Copa Libertadores e a Copa Sudamericana

En 2010 fixose cos seus servizos o Arsenal Sarandí a custe cero, porén non chegou a debutar co equipo xa que se sucederon varias cesións, primeiro ao Club Deportivo Estudiantes Tecos e despois á Primeira División Española ao Levante UD na tempada 2011/12 e ao Celta de Vigo en 2012 por dúas tempadas.[1]

Ca selección arxentina

En 2005 formou parte da Selección de fútbol de Arxentina Sub-20 que gañou o Mundial de Fútbol Xuvenil e foi convocado ca Absoluta para un amigábel contra Chile aínda que non chegou a debutar.

CENTROCAMPISTAS

oubiñapeq14.jpg

Borja Oubiña Meléndez, nado en Vigo o 17 de maio de 1982, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Celta de Vigo.

Traxectoria

Aínda que de moi neno xogou no Moledo CF, formouse no Gran Peña FC e nas categorías inferiores do Celta de Vigo, ascendeu ao primeiro equipo en 2003.

Debutou co Celta nun partido contra o Valencia CF na tempada 2003–04 da man de Miguel Ángel Lotina. Esa campaña xogou doce partidos de liga e dous da UEFA Champions League, o primeiro deles contra o Arsenal FC londiniense, no estadio de Highbury Park.

Logo do descenso do equipo, Oubiña liderou o conxunto como titular habitual, ata o ascenso. Ao ano seguinte, xa en primeira, foi determinante para que os celestes acadaran a sexta praza e se clasificasen para a Copa da UEFA. Destaca pola súa capacidade para recuperar balóns.

Co descenso a Segunda División do equipo vigués en xuño de 2007 o xogador expresou o seu desexo de abandonar o club. Despois de que varios equipos se interesasen polo futbolista sen chegar a acordos co Celta, este cedeu a Oubiña ao Birmingham City inglés o mesmo día que pechaba o mercado de fichaxes (31 de agosto de 2007).

No minuto 11 de xogo na sexta xornada da Premier League, no seu segundo encontro co seu novo club, o primeiro como titular, fronte ao Liverpool FC, bateu contra Dirk Kuyt o que produciu a rotura dos ligamentos do xeonllo esquerdo. A partir de aí comezaron os problemas e as presións por parte do Birmingham City que fixeron que finalmente rescindiran o contrato que lles unía. Así, Oubiña regresou a Vigo para continuar a súa recuperación e incorporarse ao Celta de Vigo, club co que aínda tiña contrato. 438 días despois de ser operado do xeonllo, o xogador galego volveu atar as botas para disputar un encontro oficial. O 6 de decembro de 2008, Oubiña saltou ao campo no Nuevo Insular de Las Palmas. O partido perdeuno o Celta (2–0).

Selección nacional

Non chegou a debutar ca selección galega durante a súa recuperación despois de décadas de prohibición, a causa de sucesivas lesións. Internacional tamén coa selección española, onde debutou nun partido contra Liechtenstein (2 de setembro de 2006). Con España xogou 2 partidos.

tucupeq14.jpg

Pedro Pablo Hernández, nado o 24 de outubro de 1986 en San Miguel de Tucumán (Provincia de Tucumán) é un futbolista arxentino nacionalizado chileno que xoga na demarcación de centrocampista.

Traxectoria

Comezou a xogar no Atlético Tucumán, de aí foi traspasado a Uruguai, primeiro ao Racing Club de Montevideoe despois ao Defensor Sporting, este último cedeuno ao DC United estadounidense, porén deixou a MLS aos poucos meses.

De volta no cono sur fichou polo Argentinos Juniors, equipo co que debutou en febreiro de 2011. En agosto de2013 foi traspasado ao CD O’Higgins. En decembro dese ano anotou o gol ante Universidad Católica que lle deu o título do Torneo Apertura ao O’Higgins.

Recentemente nacionalizado chileno o 22 de xaneiro de 2014 foi convocado pola Selección de fútbol de Chile, anotando dous goles no seu debut ante Costa Rica. Porén non puido disputar o Mundial de Fútbol Brasil 2014 a causa dunha lesión.

O 24 de xuño de 2014 fichou polo Celta de Vigo, a petición expresa do novo adestrador celeste Eduardo Berizzo, que o tivera ás súas ordes o ano anterior en O’Higgins.

radojapeq14.jpg

Nemanja Radoja (en serbio: Немања Радоја), nado en Novi Sad o 6 de febreiro de 1993, é un futbolista serbio que milita actualmente no Celta de Vigo da Primeira División de España. Xoga en varias posicións, sobre todo como defensa ou centrocampista defensivo.

Traxectoria

Radoja medrou en Veternik, nos arrabaldas do oeste de Novi Sad, onde adestraban os xuvenís do FK Vojvodina. Estes adestramentos levávanse a cabo no estadio do FC Vujadin Boškov. Seguindo os pasos de seu irmán máis vello Stefan Radoja, comezou a se formar no fútbol. No seu último ano, gañou a súas primeiras experiencias en clubes de terceiro nivel coma o CSK Pivara Celarevo e Cement.

Na tempada 2012-13, Radoja coverteuse nun habitual do primeiro equipo do FK Vojvodina. O 17 de abril de 2013, no partido de volta das semifinais da Copa de Serbia contra o OFK Beograd, Radoja anotou o seu primeiro gol co Vojvodina.

O 12 de agosto 2014 Radoja firmou un contrato de cinco anos co equipo galego Celta de Vigo.

alexpeq14.jpg

Alejandro «Álex» López Sánchez, nado en Ferrol o 11 de xaneiro de 1988, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Celta de Vigo da Primeira División Española.

Índice

 [mostrar] 

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Álex formouse nas categorías inferiores do Racing de Ferrol, chegando enseguida a ser membro do primeiro equipo. O seu debut no fútbol profesional produciuse o 15 de maio de 2005, sendo xogador do Racing de Ferrol da Segunda División Española. Con tan só dezasete anos, Álex substituíu o seu compañeiro Cyril Granon no minuto 78 do partido que enfrontaba os ferroláns contra o Club Deportivo Tenerife, e que se saldou cun empate a dous tantos.

Pola falta de oportunidades no Racing de Ferrol, Álex decide buscar outros equipos nos que demostrar as súas posibilidades. Así, tras lograr a carta de liberdade, no mercado de inverno asina polo Narón Balompé da Terceira División Española. Tras tres campañas nesta categoría, os seus numerosos goles espertaron o interese do Celta de Vigo, polo que o 3 de xuño de 2009, e tras unha dura pugna entre o Celta de Vigo e o Racing de Ferrol, se confirma finalmente a súa fichaxe polo club celeste.

Tras pasar uns meses no filial celeste, o 9 de xaneiro de 2010 é convocado por Eusebio Sacristán para o duelo que disputa o Celta contra o Nàstic de Tarragona. Con todo, non chegou a disputar ningún minuto, e o seu debut como membro do primeiro equipo viuse aprazado ata o día 13 de xuño de 2010, no partido que enfrontaba o Celta de Vigo contra a Real Sociedad.

levypeq14.jpg

Lévy Madinda, en Libreville o 11 de xuño de 1992, é un futbolista internacional gabonés, que xoga na demarcación de centrocampista.

Traxectoria

Comezou xogando profesionalmente no Stade Mandji ata que no ano 2010 ficha polo filial do Celta de Vigo, equipo co que acada o ascenso a Segunda División B na tempada 2012/13 pese a rematar a tempada sendo un habitual nas convocatorias do primeiro equipo, co que debuta na Copa do Rei ante o UD Almería o 31 de outubro. Debuta enPrimeira División o 30 de marzo de 2013 ante o FC Barcelona. Tendo ficha co primeiro equipo na tempada

Ca selección internacional

Foi internacional ca Selección nacional de Gabón en dezasete ocasións, anotando un gol. Foi convocado para a Copa Africana de Nacións de 2012, así como para os Xogos Olímpicos de 2012.

krohnpeq14.jpg

Michael Krohn-Dehli, nado o 6 de xullo de 1983 en Copenhaguen (Dinamarca) é un futbolista que xoga na demarcación de centrocampista.

Traxectoria

Comezou a xogar en Dinamarca no Rosenhoj BK, Hvidovre IF e Brondby IF. Con 19 anos ficha polas categorías inferiores do Ajax Amsterdam dirixidas por Danny Blind, porén tras non convencer ao adestrador do primeiro equipo,Ronald Koeman, marchou libre ao RKC Waalwijk co que debutou na Eredivisie.

Ao cabo de dous anos foi repescado polo Ajax, pero tras disputar tres encontros marchou cedido ao Sparta Rotterdame traspasado ao ano seguinte ao danés Brondby IF, onde por fin tivo continuidade, chegando a disputar a Copa da UEFA.

O 22 de agosto de 2012 foi traspasado ao Celta de Vigo.

Ca selección

É internacional ca Selección de fútbol de Dinamarca, ca que debutou o 11 de outubro de 2006 na fase clasificatoria para a Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 contra Liechtenstein.

O 9 de xuño de 2012 marcou o primeiro gol nunha Eurocopa, ante Países Baixos. 24 encontros.

augustopeq14.jpg

Augusto Matías Fernández, nado o 10 de abril de 1986 en Pergamino, provincia de Buenos Aires, é un futbolista arxentino que xoga na demarcación de extremo dereito. O seu equipo actual é o Celta de Vigo

Traxectoria

Debutou profesionalmente con River Plate no ano 2006, na vitoria do club millonario ante Tiro Federal por 5-0. Dous anos despois, no 2008, o club de Buenos Aires proclamouse campión do trofeo Clausura baixo as ordes deDiego Simeone, e disputando Augusto 15 dos 19 encontros do campionato.

O 28 de agosto de 2009 foi cedido ao club francés AS Saint-Etienne polo propietario dunha parte dos seus dereitos federativos, o empresario israelí Pinhas Zahavi. Porén non chega a ter continuidade no equipo francés polo que ao rematar a tempada volve a Arxentina.

O 9 de xullo de 2010 o club Vélez Sársfield mercou a totalidade dos dereitos do xogador por millón e medio de dólares. No seu primeiro ano na disciplina o club remata subcampión do trofeo Apertura, xogando 12 encontros como titular. No trofeo Clausura do ano 2011 Vélez proclámase campión, ca achega de Augusto de catro goles en 17 encontros disputados.

o 9 de agosto de 2012 Augusto fichou polo Celta de Vigo, recen ascendido a Primeira División.

Palmarés

  • (2) Campión Trofeo Clausura: 2008 (River Plate), 2011 (Vélez Sársfield)
  • (1) Subcampión Trofeo Apertura: 2010 (Vélez Sársfield)

DIANTEIROS

minapeq14.jpg

Santiago Mina Lorenzo, nado o 7 de decembro de 1995 en Vigo é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro. É fillo do defensa do Celta de Vigo na década dos 80 Santiago Mina Vallespín.

Traxectoria

Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Debutou co primeiro equipo en partido oficial o 18 de febreiro de 2013 ante o Getafe CF con tan só 17 anos, dous meses e 9 días, so superado en precocidade por Sansón e Iago Bouzón.

O 16 de setembro de 2013 anotou o seu primeiro gol co primeiro equipo en Primeira División no encontro ante o Athletic de Bilbao, que supuxo tamén a inauguración do Novo Estadio de San Mamés. Con este tanto batiu dous records o do xogador celeste e o do xogador galego máis xoven en marcar en Primeira División con 17 anos e 280 días.

charlespeq14.jpg

Charles Dias de Oliveira, nado en Belém (Pará) o 4 de abril de 1984, é un futbolista brasileiro. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Celta de Vigo.

Traxectoria

Comezou a súa carreira deportiva no Santos e no Tuna Lusa. En 2001 fichou polo Clube Desportivo Feirense de Portugal, onde xogou tre anos, acadando o Campeonato Nacional da 2ª Divisão e o ascenso á Liga de Honra. Na tempada 2003/04 xogou 30 partidos e marcou 3 goles, fichando nese verán polo Pontevedra CF, que acababa de ascender á segunda división. Disputou 33 partidos, metendo 6 goles. Na tempada seguinte, xa en segunda B, marcou 13 goles en 38 partidos. Na tempada 2006/07 converteuse nun dos piares do equipo xunto cos seus curmáns Yuri e Igor de Souza, acadando o campionato de Liga e a Copa Federación, na que meteu 8 goles.

En xullo de 2010 fichou polo Córdoba Club de Fútbol, metendo na tempada 2010/11 15 goles na Liga Adelante. No verán de 2011 fichou pola UD Almería, coa que acadou o ascenso a primeira división na tempada 2012/13, converténdose no máximo goleador da Liga Adelante con 32. En xuño de 2013 fichou polo Celta de Vigo.

nolitopeq14.jpg

Manuel Agudo Durán, coñecido futbolisticamente como Nolito, nado o 15 de novembro de 1986 en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) é un futbolista español que xoga na demarcación de dianteiro.

Traxectoria

Comezou a xogar ao fútbol no UD Algaida de Sanlúcar na categoría de alevín. No ano 2000 ficha polo Atlético Sanluqueño CF, onde coincide con José Manuel Jurado. En 2006 ficha polo filial do Valencia CF, porén sae cedido dous anos ao Écija Balompié quedando a un paso do ascenso a Segunda División no segundo.

En xullo de 2008 é fichado polo FC Barcelona para o seu filial, por aquel entón en Segunda División B e co que acadaría o ascenso a Segunda no segundo ano en Barcelona. Na tempada 2010/11 debuta co primeiro equipo pero non se fai cun oco e deixa o equipo ao remate do ano e ficha polo SL Benfica.

No Benfica ten un gran comezo, anotando cinco goles nos primeiros cinco encontros do equipo, igualando así o récord que ostentaba o dianteiro alcumado a Panteira Nera, Eusébio. Porén foi perdendo peso no equipo e finalmente foi cedido ao Granada CF no mercado de inverno da tempada 2012/13. No equipo andaluz disputou 16 encontros sendo unha peza importante para evitar o descenso de categoría.

No verán de 2013 ficha polo Celta de Vigo.

larriveypeq14.jpg

Joaquín Alarcón Larrivey, nado o 20 de agosto de 1984 en Gualeguay, Entre Ríos, é un futbolista arxentino que xoga na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria

Debuta profesionalmente en Arxentina co CA Huracán, equipo co que ascendeu a primeira división en 2007, a mediados de ese ano foi traspasado ao Cagliari Calcio italiano. Porén neste equipo non chega a ter continuidade polo que sae cedido, primeiro ao CA Vélez Sarsfield e despois ao CA Colón de Santa Fe, finalmente rescinde o seu contrato co Cagliari en 2012 e tras un paso breve polo Atlante FC de México ficha polo Rayo Vallecano por unha tempada. No equipo español fai unha segunda parte do campionato espectacular marcando 12 goles, polo que chama a atención de varios equipos. En xuño de 2014 ficha polo Celta de Vigo.

Palmarés

Título Club País Ano
Torneo Clausura Vélez Sársfield Flag of Argentina.svg Arxentina 2009

orellanapeq14.jpg

Fabián Ariel Orellana Valenzuela, nado o 27 de xaneiro de 1986 en Santiago de Chile é un futbolista chileno. Xoga dedianteiro e o seu equipo actual é o Celta de Vigo.

Traxectoria

Formouse nas categorías inferiores de Colo-Colo, porén foi descartado polon primeiro equipo a causa da súa baixa estatura, polo que ficha polo Audax Italiano. Co equipo chileno obtivo a primeira praza na fase regular do Campionato Clausura en2007, o que lle valeu a clasificación para a Copa Libertadores para a seguinte tempada.

As súas boas actuacións despertaron o interese de varios equipos de América e Europa, fichando finalmente polo Udinese Calcio en 2009. Porén so chegou a disputar encontros amigábeis de pretempada, xa que foi cedido ao Xerez CD da Primeira División Española para a tempada 2009/2010 e ao Granada CF na 2010/11 para axudar ao equipo a ascender á máxima categoría.

Tras os bos resultados, xa que marcou goles decisivos para o ascenso do club, o Granada fichouno en propiedade. Porén as malas relacións co adestrador do equipo, Fabriciano González, fixeron que saise cedido a outro equipo antes de comezar a temapada.

Na tempada 2011/12 chega cedido con opción de compra ao Celta de Vigo, por aquel entón en Segunda División. Debutou co equipo na primeira xornada, o 26 de outubro de 2011, e finalizou a tempada disputando 33 encontros con 13 tantos e 11 asistencias, colaborando no ascenso do equipo a Primeira División.

A pesar dos esforzos do Celta o alto prezo do xogador fixeron que voltase a Granada ao ano seguinte. Porén o equipo vigués recuperariao no mercado de inverno, por un prezo de 1,2 millóns de euros e o 40% dunha futura venda.

Ca selección de fútbol

Foi convocado pola Selección de fútbol de Chile absoluta nas eliminatorias para o Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010 contra as seleccións de Arxentina e Perú trala lesión do titular Alexis Sánchez, porén non chegaría a debutar.

Pouco despois foi convocado por Marcelo Bielsa para formar parte da selección sub-23 que iría ao Torneo Esperanzas de Toulon, en Francia, onde a selección chilena rematou na segunda posición cunha gran actuación de Orellana.

O seu bo papel levouno a debutar finalmente ca Selección o 15 de outubro de 2008 ante Arxentina, marcando o gol do triunfo, a causa deste gol foi alcumado O histórico xa que era o primeiro triunfo na historia de Chile sobre Arxentina na fase previa dun Mundial. O 10 de outubro de 2010 tamén anota un dos goles da vitoria sobre Colombia, vitoria que clasificou a Chile para a Copa do Mundo.

En 2010 debutou nun Mundial de Fútbol disputando un encontro en Sudáfrica 2010.


Read Full Post | Make a Comment ( None so far )

Recently on alaceltadevigo…

Actual clasificación liga BBVA

Posted on abril 10, 2013. Filed under: clasificación |

Palmarés do Celta

Posted on diciembre 12, 2012. Filed under: palmarés |

Próximos compromisos para o celta

Posted on octubre 22, 2012. Filed under: encontros do celta |

Unha nova incorporación

Posted on octubre 22, 2012. Filed under: plantel 2012/2013 |

acabamos de comentar o plantel !!!

Posted on octubre 17, 2012. Filed under: plantel 2012/2013 |

Ai van os dianteiros!!!

Posted on octubre 12, 2012. Filed under: plantel 2012/2013 |

Acabamos cos centrocampistas

Posted on octubre 10, 2012. Filed under: plantel 2012/2013 |

Os centrocampistas

Posted on octubre 9, 2012. Filed under: plantel 2012/2013 |

Acabamos cos defensas

Posted on octubre 9, 2012. Filed under: plantel 2012/2013 |

    Acerca de

    O Real Clube Celta de Vigo, ten algo de todo para que poida estar informado da evolución do equipo

    RSS

    Subscribe Via RSS

    • Subscribe with Bloglines
    • Add your feed to Newsburst from CNET News.com
    • Subscribe in Google Reader
    • Add to My Yahoo!
    • Subscribe in NewsGator Online
    • The latest comments to all posts in RSS

    Meta

Liked it here?
Why not try sites on the blogroll...